Sobre o grupo

O grupo de investigación ECON-NATURA desenvolve investigación e consultaría ambiental en temas relacionados cas consecuencias ambientais e sociais das catástrofes naturais e producción de enerxía, agraria e forestal. Ten un enfoque especialmente multidisciplinar, agrupando a científicos de diferentes disciplinas. Os membros do grupo proceden dun amplo rango de especialidades, incluíndo ciencias ambientais, economía agraria, economía forestal e administración de empresas. Na nosa investigación, empregamos técnicas destas áreas así como doutras disciplinas relacionadas.

O grupo de investigación ECON-NATURA está integrado no IDEGA, un instituto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os membros do grupo pertencen á facultade de Económicas e Ciencias Empresariais, e os alumnos ao doutoramento do IDEGA, todos dentro da USC. Ademais, o grupo mantén colaboracións internacionais con outros investigadores, incluíndo o profesor John B. Loomis de Colorado State University (US), o profesor Rodolfo Nayga Jr. de Texas A&M (US), e o profesor Paulo Nunes da Fondazione Eni Enrico Mattei (Italia).

Breve historia do grupo

O grupo ECON-NATURA foi creado en maio de 2006. En Decembro de 2006 foi seleccionado pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia) como “Grupo Emerixente Promovido por un Investigador Mozo”. En maio de 2007, a investigadora principal Maria Loureiro foi galardoada co Premio Montero Ríos de Investigación, adicado a investigadores mozos en ciencias sociais en Galicia (Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia, 2007).

Grupo de Investigación Follow us Twiter RSS